Slide DÍA DEL DIETISTA-NUTRICIONISTA 2020 ENVÍA UN TWEET

TWEETS

#másesencialesquenunca

O 24 de novembro celébrase o “Día do Dietista- Nutricionista” en España. Celébrao con nós compartindo os nosos portelos.
diamundialdietistanutricionista.org

Esta pandemia mudouno todo pero só podemos seguir adiante: consello dietético, nutrición con evidencia, formación na casa, telenutrición, protocolo protección fronte á Covid-19 e sempre ao teu carón. https://cutt.ly/JgSpo9s

As directrices de @ICS_updates para a provisión dos Coidados Intensivos amosa que existe correlación directa entre o número de Dietistas-Nutricionistas na UCI e unha mellor evolución do doente crítico. https://cutt.ly/ZgSs3K5

@s Dietistas-Nutricionistas debemos promover e participar no desenvolvemento e aplicación de regulamentos e políticas de programas de asistencia nutricional, tanto no ámbito clínico como na comunidade.

@s Dietistas-Nutricionistas traballamos na mellora da alfabetización alimentaria da poboación e rematar cos mitos daniños, tanto nas redes sociais como na prensa e televisión

Hoxe 24 de novembro celebramos o “Día do Dietista-Nutricionista” en España. Celébrao con nós compartindo unha imaxe que reflicta que a nosa profesión é.
diamundialdietistanutricionista.org

A @aedninforma e o @CGCODN_Oficial publicamos o Protocolo de protección fronte á Covid-19 nos centros privados de consulta de nutrición e dietética en España, para que todas as nosas consultas sexan seguras.https://cutt.ly/AgSLxe8

Estamos traballando coordinadamente durante a pandemia pola Covid-19 con @aedninforma @evidnutrition @EFAD_org @iidenut para ofrecer un Hub de evidencia en nutrición e Covid-19. www.consejodietistasnutricionistas.com

@s Dietistas-Nutricionistas desenvolvemos recomendacións dietéticas e plans saudables axustados ás necesidades de doentes e poboación xeral e consellos para familias que cociñan con orzamentos limitados

@s Dietistas-Nutricionistas formamos á poboación e ao resto de profesionais sanitarios na capacitación e información sobre a alimentación sostible e saudable para diferentes grupos e contornas

A crise sanitaria pola Covid-19 declarounos “servizo esencial”, pero sempre o fomos porque non hai saúde sen unha correcta alimentación

A análise económica da intervención d@ Dietista-Nutriocinista e a relación custo-beneficio amosan un retorno á sociedade de entre 14 a 63€ de beneficio neto por € investido. Asina o manifesto para que o DN estea no SNS https://cutt.ly/vgFuXge

A @aedninforma participa na elaboración do consenso multidisciplinar de nutrición en enfermidade renal crónica e infección por SARS-COV-2 https://cutt.ly/mgSKsK7

@s Dietistas-Nutricionistas aconsellamos xeitos de reducir o desproveito de alimentos para un sistema alimentario máis sostible e saudable.

@s Dietistas-Nutricionistas empregamos a tecnoloxía con grande eficacia, incluíndo videoconferencias e aplicacións especializadas para proporcionar consultas e apoio os doentes que o precisen

A pandemia pola Covid-19 non é a única que preocupa @s Dietistas-Nutricionistas, que facemos fronte ás grandes pandemias de saúde asociadas á dieta: obesidade, diabetes, cancro, malnutrición!

Seguen vixentes as recomendacións de alimentación e nutrición para a poboación española ante a crise sanitaria da Covid-19. Coida a túa alimentación, coida a túa saúde! https://cutt.ly/EgSuHUR

A telenutrición e teledietética son grandes ferramentas en tempos de pandemia pero requiren dunha guía de boas prácticas que tod@s @s Dietistas-Nutricionistas debemos coñecer. https://cutt.ly/vgSKJM0dute

@s Dietistas-Nutricionistas participamos en programas de educación alimentaria, identificando casos de exclusión social e axudando ás autoridades locais co subministro de alimentos adaptados aos distintos grupos de poboación

@s Dietistas-Nutricionistas asesoramos a bancos de alimentos, entidades do terceiro sector ou servizos sociais gobernamentais na promoción de hábitos alimentarios saudables e sostibles, nas súas accións de doazón e bolsas alimentarias básicas

Contacto

Para cualquier consulta o sugerencia puede enviarnos un correo electrónico y nos pondremos en contacto con usted a la mayor brevedad.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies